Archivos para marzo 2010
Os temporais visto desde a perspectiva da ampa
25/03/2010 / Loreto González !
A entrevistada Marisa López , que participa na comisión de convivencia do noso ies , e é a presidenta da ANPA , daranos a sua opinión sobre os temporais
1. Queremos saber a opinión das nais e pais diante dos perigos derivados do mal tempo . Cre que os temporais desra zona poden chegar a afectar gravemente o noso centro e os seus alumnos ou levemente ?
-Depende do temporal.
2. Non cre que este curso as decisións sobre a suspensión das clases a causa dos temporais foron un tanto desacertadas ? Que lle parece que os IES tiveran clases recentemente cando estaba anunciado un temporal bastante forte ?
Si, foron
3.De quen é a responsabilidade neses casos ? Cre que a Consellería actuou ben cando decidiu que fosen ” os equipos directivos dos centros os que deberan prestar especial seguimento á evolución da alerta meteorolóxica “?
Da consellería. A responsabilidade é da Xunta.As direccións dos centros non teñen equipos de meteorolxía
4. Se fose vostede a directora xeral dos centros , que faría ante unha alerta semellante : suspendería as clases ou non ?
Si eu fose , seguiría as instruccións dadas pola Xunta , e o observatorio de meteoroloxía .
5. O alumnado ten dereito a non poñerse en risco innecesariamente , pero cando os rapaces non teñen escola , ós pais fáiselles dificíl facerse cargo deles…
Se os rapaces non teñen escola , claro que e dificíl facerse cargo deles…
6.Xa para rematar, como se poderían mellorar as condicións deste instituto ? Que cre vostede que fai máis falta e quen debería actuar para que poidamos contar con mellores instalacións .
Facendo un instituto novo .
Fai falta que o profesorado faga sempre as gardas na aula e no patio , preocuparnos dos nenos emocionalmente e facer o posibel para que ningún rapaz teña que ir sancionado para a casa; ¿ servizos á comunidade ?
E para contar con mellores instalacións , temos que actuar todos , pais , profesores , concello , Consellería , Xunta.
Moitas grazas por atender as nosas preguntas.
Añadir comentario 26 marzo 2010
ola ! Hoxe fago outra entrada , na que comentarei de que trata o libro que lin nesta segunda avaliación.
Titulase : “Noite de voraces sombras” !
Autor : Agustín Fernández Paz
Este libro fálanos sobre unha rapaza chamada Sara , que vai de vacacións a casa de súa avoa Laura ( que xa morrera ). E esta alugase no cuarto do seu tío Moncho , que era unha habitación na que súa avoa nunca a deixara entrar . Un dia, cando Sara ía durmir, sentía como se óuvese alguén dentro da habitación , como se óuvese fantasmas , e levantouse a mirar polo armario, e atopou que este tiña dobre fondo , alí descobre unha carpeta con cartas que recibiu o tío Moncho da súa moza Sara , e tamén un diario no que fala do que lle aconteceu o tío na prisión e nun campo de refuxiados que nos di que hai un cemiterio ..Sara lee tódalas cartas e o rematar coméntallo a súa nai , deciden ir a Illa de San Simón onde se atopa o cemiterio do que se falaba nas cartas , elas non sabían o que podían atopar , empezaron a buscar por todo , pero non atopaban nada , hasta que entre dúas pedras atopou unha caixa de betume onde estaba escondido un anel de ouro no que poñía o seu nome.
Persoa-xes principais :
Sara : É a persoaxe principal , atopa as cartas e o anel, é a que mais funcións desempeña no libro .
Tío Moncho: Eu diría que e o subprotagonista , por que todo sobre o que nos conta a historia ten que ver con el ( eran a súas cartas , o seu anel ..)
Persoaxes Secundarios
Fernado: Non protagoniza nada , solo se sabe que é o pai de Sara
Cristina : Non esta tan fora da historia como Fernando , pero solo levou a Sara a illa de san Simón e pouco mais .
Nada máis que comentar .
Añadir comentario 20 marzo 2010
Entrada siguiente
ola boas !!
Hoxe fago untra entrada na que comentarei algo sobre un dos meus grupos galegos favoritos !!
O grupo chamase ” Jabon Blue “ , ten 5 membros :
-Javi Maneiro
(O Fillo da Necha)
Voz
-Kuervo – Guitarra
-Diego “Mayor Tom” – Guitarra
-Pony – Bajo
Este grupo ten 2 discos chamados :
-”La música va por dentro”
-”By de white”
Agora están sacando un terceiro pero aínda non está rematado , pero pronto estará a venta !!
Anteriormente , había un membro mais no grupo : ” tuchiño” que foi solista , deixou de tocar nesta banda por motivos descoñecidos , é formou o seu propio grupo chamado : ” recambios Tucho “.
Tanto Javi ( voz) como Tuchiño ( solista ) , formaban un grupo anteriormente ( nos anos 90 aprox.) chamado : ” Heredeiros da crus ” , que tivo bastante éxito pese a seren principiantes , incluso tocaron na America ( para emigrantes galegos )
O grupo “jabon blue ” , interpreta cancións ( a maioría ) narrando historias sucedidas na realidade.
Jabon Blue 6 dia grabación en Casa de Tolos from Casa de Tolos on Vimeo.
Este video xa é do seu novo cD .
As fontes das cales extraín a imformación son :
<a href="http://<a href="http://“>“>
Bueno aquí vos deixo a miña entrada , espero que bos guste !
1 Comentario 18 marzo 2010






