Os muros do mundo

15 abril 2010 atanes

Os muros do século XXI

Na actualidade  séguense construíndose muros en zonas fronteirizas ao largo e ancho do mundo. Hai moitas razóns supostamente xustificadas polas construcións dos muros, entre outras hai estas : combater a violencia, a inmigración ilegal ou incluso a aftosa, aínda que o resultado sempre seguirá sendo o mesmo: dividir e controlar a poboación. Algúns exemplos da construción de muros son a separación de Israel e  Cirxosdania, México e EE UU ou a alambrada que cerra o paso entre Marrocos e Melilla.

O muro que eu escollín para comentar é o de Brasil (Rio de Janeiro ) . Este país sudamericano , con capital en Brasilia, ten 174. 468.575 habitantes, maioría de relixión católica. A moeda que ultilizan é o real e, con respecto á lingua, o idoma oficial é o Portugues. O seu sistema de goberno é a República federativa.

Estes mapas indican onde están situadas as favelas

O goberno do estado de Rio de Janeiro constrúe recentemente varios muros ao redor dalgunhas favelas ou barrios pobres que crecen nos morros e montañas da cidade.
En total, son 13 as favelas que serían rodeadas de formigón para un total de 14 quilómetros de lonxitude . A súa altura varia dende os 80 centímetros aos 3 metros. No barrio de Santa Marta xa se levantaron máis de 600 metros de muralla. Algúns críticos consideran que os muros de Río buscan separar as zonas empobrecidas das de maiores recursos, situadas entre as favelas e o mar; ou para que servan de contención para os traficantes de drogas.

Los vídeos de Vodpod ya no están disponibles.

Entry Filed under: culturas and tagged:

Deja un comentario

Trackback this post  |  Subscribe to comments via RSS Feed

  • RSS Blog da aula

    • Se ha producido un error; es probable que la fuente esté fuera de servicio. Vuelve a intentarlo más tarde.
  • acceso

  • Archivos

  • Categorías

  •