Archivos para abril 2011
LETRAS GALEGAS 2011
Luis Ángel Sánchez Pereiro (Loís Pereiro), escritor e poeta galego, foí o escollido para celebrar o Día das letras galegas , neste ano 2011.
Naceu en Monforte de Lemos , estudou no colexio dos Escolapios, e comezou a escribir con 15 anos. En 1983 e 1987 viaxou canda Fernando Saco por Europa. Traballou como tradutor do alemán, francés e inglés e de dobraxe de cinema, tanto convencional como porno. Faleceu na Coruña o 24 de maio de 1996.
Algunhas das súas obras son :
-Poemas 1981-1991
-Poesía última de amor e enfermidade
Unha poesía súa :
- Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
a miña retirada preventiva
Añadir comentario 29 abril 2011
25 ANIVERSARIO , IES DA POBRA !
Esta semana do 11 o 15 de Abril estase a celebrar a semana cultural no IES da Pobra. O luns realizouse o acto da inauguración desta na que se conmemorou o 25 aniversario.
No acto estiveron presentes, entre outra xente, o alcalde da vila , Isac Maceiras, e o conselleiro de educación, Jesús Vázquez . Houbo varias participacións como a da mestra máis antiga do centro: María Xosé e a dun ex-alunmo do centro que agora traballa na “Axencia Espacial Norteamericana ”. Tamén se proxectou un video realizado polos alunmos de 4º PDC ,que recollía os cambios do centro e a evolución dalgúns alumnos pasados , presentado cun texto por 3 rapazas. Pechouse o acto co discurso das autoridades.
Añadir comentario 15 abril 2011
